Quixo acompañarnos na viaxe que estamos facendo por China.
A profe Rosa achegouse a lernos o capítulo do zorro e con el traballamos o valor da amizade.
Rematamos a actividade facendo unha páxina para o libro colectivo: Princiviaxeiro
Debuxamos ao principiño na muralla China, acompañado por un panda, animal mítico do país.
Entre todos fixemos un diálogo entre o Principiño e o panda falando sobre a amizade e como coidala.
Rematamos a actividade coloreando e quedándonos co consello que se da no libro:A amizade é esencial e invisible.
Foi unha actividade moi interesante e na que nos demos conta da importancia de coidar a amizade
No hay comentarios:
Publicar un comentario