Comezamos lendo e debatendo sobre este pequeno poema:
PENSAMENTO SOBRE A AMIZADE
Que fermoso é ter un corazón
con capacidade para amar e perdoar,
para axudar e comprender,
para medrar e confiar.
Tamén participamos
na actividade proposta polo Equipo de biblioteca: "Escribe unha postal para o teu afillado
ou padriño de lectura". Recollemos a postal na biblio e comezamos.
Xa que estamos de viaxe pola China, pareceunos moi apropiado por na nosa postal o animal máis amoroso do país, un osiño panda, que ben seguro lles vai gustar aos nosos afillados de catro anos.
Xa que estamos de viaxe pola China, pareceunos moi apropiado por na nosa postal o animal máis amoroso do país, un osiño panda, que ben seguro lles vai gustar aos nosos afillados de catro anos.
Foi unha semana repleta de reflexións,
historias, bos sentimentos e cariño. Comprometémonos cos compañeiros a ter
paciencia, a ser tolerantes, a respectarnos...todos os días do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario