Hoxe participamos na actividade
" Almorzos saudables" en colaboración coa Consellería de Educación.
Primeiro, recibimos unha charla sobre
os distintos tipos de alimentos e para que serven. Situámolos na roda dos
alimentos.
De seguido, vimos a frecuencia con
que debemos tomalos e situámolos na pirámide de alimentos.
Logo, conversamos da importancia dun
almorzo saudable e completo: Un lácteo, hidratos de carbono e froita.
E... a Almorzar! Que fame tíñamos!
Pan, salchichón, améndoas, iogur, mel
e unha pera. Este foi o noso almorzo. Que rico estaba!!!
Para rematar, faláronnos dos hábitos de hixiene: lavar as mans antes de comer e despois de ir ao baño. Tamén nos recordaron da importancia do cepillado dos dentes e lingua despois de cada comida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario