lunes, 7 de abril de 2014

SÓ UN LIBRO

Esta vai ser unha das moitas actividades que imos facer para conmemorar  o Día do Libro.
Temos que lelo entendelo, comentalo, e ...

SÓ UN LIBRO
No sei que facer.
Miña irmá regalome un libro.
Un libro
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Parecéume inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A  ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Vaía!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro

Grazas por este precioso  texto Paula Carballeira !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario