lunes, 17 de marzo de 2014

A GUARDIA CIVIL VEN AO COLEXIO!

O pasado xoves, día 13 de marzo, achegouse a o noso cole A Guardia civil. Explicáronnos o que facían eles e como traballan.

Trouxeron dos cans, un servía para atopar drogas e o outro para detectar bombas ou explosivos. O das drogas escondéronlle  Hachis e el encanto o atopou empezou a ladrar. O can dos explosivos, tivo que buscar  entre un montón de maletas valeiras  e unha cun explosivo hasta que a encontrou. Quedouse sentado hasta que chegou o guardia. O rematar aos dous lle deron de recompensa unha toalla enroscada.

Tamén, trouxeron un robot que era capaz  de desactivar bombas. Os gardas o controlaban desde unha furgoneta que tiña unha televisión desde onde miraban o que pasaba. Para mover o robot usaban un mando a distancia.

A continuación, outros guardia civiles nos explicaron como fan para sacar as huellas dos roubos e asesinatos e tamén nos sacaron as huellas dos nosos  dedos  nun papel.

Para rematar nos deixaron subir as motos todoterreno, as de tráfico, os coches todoterreno, falar polas emisoras, por as luces e sirenas; puidemos probar os chalecos antibalas... e máis cousas.

Despedímolos cun enorme aplauso porque foi un día sorprendente, xenial e inolvidable!

   
                                                                Carla Lomba Quintas 4º A






No hay comentarios:

Publicar un comentario