miércoles, 26 de febrero de 2014

OS COMPADRES E AS COMADRES NO ENTROIDO GALEGO

Antigamente, durante o Entroido, en moitos lugares de Galicia  representábase  unha loita entre sexos. A sociedade era machista , e  as mulleres aproveitaban o segundo xoves anterior ó martes de  Entroido para facer un gran compadre na praza do pobo, e alí mofábanse del , insultábano etc… Ó chegar a noite queimábano.

Os homes quixeron facer o mesmo e á semana seguinte , o xoves anterior ó martes de Entroido facían unha comadre grande na praza do pobo, mofábanse dela e á noite queimábana.
XOVES DE COMPADRES
As nenas saen ó patio do colexio co seu compadre que fixeron con anterioridade na clase de plástica. Os nenos tentan de collerllo e esnaquizalo. Elas loitan para que non o consigan.
XOVES DE COMADRES
Os nenos saen ó patio do colexio coa comadre, e agora son elas quenes tratan de agarrarlo e esnaquizalo, mentres que eles escapan para que non o consigan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario