Xa estamos celebrando o nacemento de Rosalía de Castro!
Laura trouxo a clase o fermoso libro:
Rosalía pequeniña.
Estivemos lendo algunha das poesías e gustounos moito esta. Decidimos aprendela e recitala.
ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeniña
unha meniña gaiteira.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa in postal
sube ás ponlas das
figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalia, Rosalía...
Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás
pombas
nin ás delicadas
flores.
Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do
pobo
badaladas de alegría.
Rosalía
pequeniña,
medio
meiga, medio fada
ao
pé da verde silveira
chamando
pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa in postal
sube ás ponlas das
figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía,
Rosalía...
Rosalía,
rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario