lunes, 23 de marzo de 2020

Actividades de música


A mestra Rosa fainos esta achega de actividades para que fagades durante estas semanas. Podes consultar na pestaña de música  da páxina principal

Mery had a little lamb é unha canción moi sinxela, o vídeo é moi doado de seguir, a continuación aparece un acompañamento para que ti toques a melodía ao mesmo tempo cando xa a saibas interpretar moi ben. Pero non vaiamos tan rápido, non desesperes... primeiro practica as notas por separado e logo por parellas intentando ampliar ata conseguir fragmentos máis longos. Recorda que non podemos aprender a canción dunha atacada. Paso a paso….ata onde poidamos. Cada día repetimos para poder avanzar.



Agora toca audición, como xa a escoitaches, sabes que hai dúas partes ben diferenciadas. Na parte rítmica inventamos unha frase ou palabras soltas que estean relacionadas co noso planeta. Na parte da frauta creamos un movemento corporal. Serías quen de seguir a partitura intuitivamente? Os pentagramas están agrupados de dous en dous...empeza por seguir o de arriba. Fíxate que na parte rítmica e forte hai moitas notas agrupadas e teñen uns anguliños enriba onde indican os acordes que hai que destacar máis, e que na clase marcabamos como 1, 2, 3, 4. Non te preocupes se non es quen de seguila toda, pero alomenos vamos localizar estes catro tempos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario