miércoles, 10 de mayo de 2017

Interpretamos plasticamente a poesía de Koki

Koki é un home guardés que lle encanta escribir poesías. Reside en Estados Unidos, aínda que pasa longas temporadas na Guarda.


Estas son algunhas das 
súas obras:






Este ano é homenaxeado polos centros de ensino de Infantil  e primaria do noso concello.


Despois de ler varias das súas poesías decidimos plasmar plasticamente unha delas: A romaría

Imos interpretala plasticamente

A profe  Isa debuxou unhas figuras  que representan a esencia dunha romaría. Con elas imos practicar a simetría dun xeito moi divertido  e plástico.

Por uns intres convertémonos en modist@s. Sacamos os patróns das distintas partes do corpo  dos nosos
romeiros.

Logo tivemos que ir polas teas para por nelas os patróns.
 Pero, moito coidado!!!!  
Tivemos que colocar os patróns de xeito que usaramos a simetría axeitadamente porque do contrario, podíamos levar un disgusto.
Recortamos os patróns
Con eles voltamos ao mural para polos no seu sitio. 
Estarían ben? 
Aplicaríamos a simetría ben? 




A comprobalo!!! Todo xenial!
Esto vai collendo forma!!!
Xa somos uns expertos modist@s  e dominamos a simetría!!! 


Agora imos ser perruqueiros!!  
Reciclamos  unha morea de materiais, entre eles, muestrarios de tintes de pelo,  que usamos para porlles o pelo. Que cor eliximos? 


Mechas castañas, decidido. 





Nós imos porlles riciños 

 E agora comezamos con pequenos detalles.


Agora ven o millor de todo: Os nosos afillados de catro anos!!!
Eles coa nosa axuda foron pintado os fondos, as caras... todo hasta rematalo! 


Para rematar puxemos cada estrofa da poesía nunha bandeira.
Que enriquecedor foi traballar  padriños e afillados xuntos!!!
Galería fotográfica da actividade

No hay comentarios:

Publicar un comentario