martes, 16 de mayo de 2017

Experiencia princiviaxeiro

Neste mes de maio, e co motivo da celebración das Letras Galegas, e dentro do proxecto: Viaxamos polo mundo, achegouse ao noso cole un viaxeiro moi, moi especial: O Principiño.


Quixo acompañarnos na viaxe que estamos facendo por China. 



A profe Rosa achegouse a lernos o capítulo do zorro e con el traballamos o valor da amizade.



Rematamos a actividade facendo unha páxina para o libro colectivo: Princiviaxeiro

Debuxamos ao principiño na muralla China, acompañado por un panda, animal mítico do país.







Entre todos fixemos un diálogo entre o Principiño e o panda falando sobre a amizade e como coidala.









Rematamos a actividade coloreando e quedándonos co  consello  que se da no libro:A amizade é esencial e invisible.



Foi unha actividade moi interesante e na que nos demos conta da importancia de coidar a amizade


No hay comentarios:

Publicar un comentario