O Concello
Para que os habitantes dunha
localidade vivan mellor, o concello organiza unha serie de servizos: o alumeado
das rúas, os bombeiros, mantemento e limpeza das rúa e sumidoiros.
Eleccións municipais
Cada catro anos
elíxense aos concelleiros nas eleccións municipais.
Primeiro
preséntase os candidatos co seu programa
electoral no que explican todo o que pretenden facer si resultan elixidos.
Despois, os veciños da vila maiores de 18 anos votan para elixir aos
concelleiros.
Despois das eleccións,
os concelleiros reúnense e nomean a un
deles como alcalde.
O Goberno municipal
O alcalde preside o concello e os concelleiros axudan ao
alcalde e ocúpanse de organizar os distintos servizos municipais.
para tomar decisións importantes, o alcalde e os concelleiros
celebran reunións chamadas plenos municipais.
Os servizos
municipais
De protección
Policia local: ordena o tráfico, atende as persoas en caso de
accidente e vixía pola seguridade das rúas.
Bombeiros: Apagan e
preveñen os incendios, e axudan en outros desastres: inundacións, terremotos...
De saneamento
Augas: ocúpanse de abastecer aos veciños de auga potable e de
manter en bo estado os sumidoiros.
Limpeza: Os varrendeiros encárganse
de recoller o lixo e limpar as rúas.
Alumeado manter o axeitado
funcionamento das farolas das rúas.
Medio ambiente Os xardineiros
coidan os parques e xardíns.
Servizos de tráfico ocúpanse de señalizar as calles e de regular a
circulación.
Servizos de cultura ocúpanse da biblioteca e museos
Servizos de ocio organizan concursos e campionatos deportivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario