martes, 24 de enero de 2017

Visitamos a exposición Guerreiros de Terracota

Despois de investigar sobre os Guerreiros de Terracota para o noso Proxecto Viaxamos a China, tivemos a sorte de poder visitar a exposición sobre eles que está en Vigo.

Alí descubrimos a réplica do impresionante conxunto escultórico, o xacemento arqueolóxico máis grande do mundo, datado no ano 211 antes de Cristo onde se reproduce a maxía do foso  onde se atopan as pezas orixinais.

Comprobamos que  cada un dos Guerreiros é único. Cambian as súas roupas, peiteados, expresións,armas...



Tamén quen as mandou facer, por que e diversos obxectos que reflicten parte da cultura nesas datas.

Foi unha visita moi interesante!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario