miércoles, 2 de noviembre de 2016

Samaín, Halloween ou Día de defuntos na China

Estes días estivechedes investigando unha morea sobre como se celebra do Samaín, Halloween e Día de Defuntos en China.



Os resultados son marabillosos!! 
Fuchedes quen de descubrir que...En China non se celebran Halloween, nin o Samaín, pero celebran algo parecido.


Teñen dúas festividades para honrar aos defuntos e antepasados.

O festival Qing Ming ou festa do Día dos mortos.

Celébrase a primeiros de abril,coincidindo coa entrada da primavera e a época de sementar.

O festival das pantasmas famentas


Celébrase en xullo ou agosto dependendo  cando coincida a lúa chea do sétimo mes lunar do calendario chino.

Este é o resultado das vosas investigacións! Pero, que facemos con elas?




Pero, que facemos con elas?
Decidimos compartilas con todos os compañeiros do cole e por iso elaboramos neste mural. 
Invitamos aos compañeiros de quinto, para expoñerlles os nosos descubrimentos e, sen pensalo dúas veces, alí estaban!!! 




 Como nos escoitaron! Que atentos estiveron! Graciñas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario