domingo, 6 de noviembre de 2016

O zodíaco chino e adxectivos!

Estas semanas estivemos traballando os adxectivos. 

Pareceunos unha boa idea, investigar como somos cada un de nós, os nosos pais e irmás segundo o animal que nos representa no zodíaco chino.





A verdade é que foi divertido, descubrir como somos : amables, intelixentes, divertidos, tímidos, extravertidos, exixentes, díscolos... e así hasta acadar unha morea deles.


Algúns destes adxectivos eran coñecidos por nós, pero, outros eran totalmente descoñecidos, mesmo tivemos que consultar o dicionario e comentalos na clase para entender o seu significado.

Nas nosas casas, fomos dicíndolles a os nosos pais como eran, e... moitos, si que recoñeceron que algúns dos adxectivos os retrataban moi ben, aínda que outros non lles gustaron tanto a pesares de ser certos.

Na biblioteca, rematamos esta fantástica actividade! 
A verdade, é que alborotamos un chisco porque todos queríamos dicir os adxectivos que atopáramos






 
Foi un xeito moi divertido de traballar e aprender unha chea de adxectivos e por iso, decidimos polos todos neste enorme mural!



Grazas rapaces, familias por ser: estupendos, traballadores, amables, tenros, fiables, responsables, divertidos, faladores, colaboradores, comprensivos... 

É un gustazo traballar con vós!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario