Esta semana estivemos traballando
sobre a violencia, en especial a de xénero.

E como tamén estamos investigando
sobre a fantástica China, descubrimos o NHÜSU. Unha linguaxe segreda, que
utilizaban as mulleres da provincia de Huan, como medio de comunicación exclusivo
entre elas e como forma de escapar ao sometemento dos homes, que non lles permitía
acceder a educación, que as obrigaba a casarse con descoñecidos que, logo as
obrigaban a permanecer pechadas nunha habitación da casa da que case nunca non
podían saír.

A escritura desta linguaxe é un chino
moi simplificado e estilizado.
Apenas se conservan restos desta
linguaxe porque se queimaban para evitar
que as descubriran.
Xuntando as dúas actividades:
violencia de xénero e investigación da escritura chinesa , rétovos a crear
mensaxes segredas en chino contra a violencia de xénero.
1º Formaredes grupos de tres ou catro
alumnos
2º Elixiredes as vosas mensaxes
3º Escribirédelas como auténticas
chinesas
4º Meterédelas nuns ovos de plástico
5º Esconderédelas pola biblioteca
6º Invitaredes aos vosos compis de 4º
B que terán que buscar as mensaxes e descifralas.
7º Faredes un mural coas mensaxes
segredas e a súa tradución que escribiran de cor laranxa os compis invitados.
Estades preparados?
Non esquezades facer a invitación, en chino e galego, para os vosos compañeiros de 4º B!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario