Despois de estudar as fases lunares
en C. Socias, propúxenvos un reto:
Terá a lúa algunha relación coa
cultura Chinesa?
Rapidamente comezaschedes a
investigar. Os resultados son realmente xeniais!!!
Fuchedes quen de descubrir que na milenaria cultura china senten fascinación
pola lúa.Tal é a súa fascinación, que unha das
festividades familiares máis importantes, é o festival do Medio Outono, tamén chamada Festa da Lúa, día no
que a lúa é máis brillante que calquera outra lúa chea. Ese día, coincide do
día 15 do 8º mes do calendario chino.
Tamén cren que na lúa vive atrapada
Chang´e a muller do heroe Houyi acompañada dun coello e unha árbore ( Lenda ).
Outra lenda moi difundida di que o
día do festival do Medio Outono, os chinos conmemoran o día no que se rebelaron contra os mongoles, porque esconderon dentro dos pasteis de lúa uns
papeliños nos que dicían que ese día todos saíran a matar aos mongoles.
Para celebrar esta festividade, xuntase
toda a familia para dar grazas polas colleitas, saen a contemplar a lúa e comen
os pasteis de lúa.
Este está determinado polo calendaro lunar e está baseado nos ciclos da lúa. Na astronomía e no calendario chino hai 12 animais porque o ciclo lunar repítese cada doce anos, un animal por cada ciclo lunar.
Os animais son: a rata, o boi, o tigre, o coello, o dragón, a serpe, o cabalo, a cabra, o mono, o galo, o can e o porco.
Como sempre, sodes capaces de investigar todo o que vos propodes e sobre todo compartir os vosos descubrimentos.
Fantástico traballo rapaces!!
Como mola, profe¡
ResponderEliminarGraciñas! Os que molan son eles!
ResponderEliminarGraciñas! Os que molan son eles!
ResponderEliminar