De seguido, empezou o noso traballo de xornalistas. Papel en man empezamos a facerllles preguntas aos nenos e as mestras. A continuación elaboramos as nosas noticias.
NACEN OS PITIÑOS EN 2º
Os nenos de 2º, do noso cole, están investigando os animais ovíparos. Se lles ocorreu, fai unhas semanas, que podían aprender moitas cousas deles .Hai tres semanas, trouxeron a clase 20 ovos e unha incubadora.
Meteron os ovos na incubadora e fixeron un rexistro diario do que ía acontecendo, déronlles voltas a os ovos para que recibiran calor e esperaron...a que naceran os pitiños. Finalmente, hoxe, día 17 de febreiro empezaron a romperse pouquiño a pouco a pouco e os poliños foron saíndo do cascarón. Agora mesmo, hai sete nacidos, esperamos que pouco a pouco, nazcan os demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario