jueves, 9 de enero de 2014

A NATUREZA NON DEIXA DE SORPRENDERNOS!

A natureza pode lograr que o mar se transforme en escuma como por arte de maxia.

 Esto foi o que aconteceu o pasado día de Reis, cando a escuma empezou a facerse presente e tomou parte da nosa costa.





Pero por que se forma esta escuma?
A formación da escuma é debida a varios factores:

  • Grao de axitación da auga.
  • Alcalinidade.
  • Cantidade de substancias orgánicas que teña disoltas, xeradas polos microorganismos: placton.
  • Ao lodo que se forma no fondo, a causa da descomposición de plantas e animais, e que ten altas concentracións de materia orgánica motivada pola distribución en alta mar das floracións de algas.
Grazas a esta  gran cantidade de substancia orgánica, a auga do mar produce máis escuma e dura máis.



No hay comentarios:

Publicar un comentario