martes, 29 de octubre de 2013

OS INVENTOS

A historia dos inventos é tamén a historia do home, o único que foi capaz de modificar as condicións do medio natural.
A historia dos inventos non ten nacionalidade. En distintas partes da Terra, diferentes pobos, atoparon solucións iguais ou semellantes.
Homes, pequenos grupos de homes, mulleres e nenos, andaban polos bosques, chairas e desertos, en busca de algo que comer, de auga para beber, dun lugar seguro para descansar.
Os primeiros homes enfrontáronse a serios perigos: feras salvaxes, tempestades, xeadas, sequías que os puñan a proba. Nada estaba feito; sobrevivir era unha auténtica fazaña.
Agora é o noso momento para investigar e descubrir cada un dos seus inventos para sobrevivir, mellorar as súas condicións de vida...

No hay comentarios:

Publicar un comentario