martes, 24 de septiembre de 2019

Cantamos en defensa do noso planeta

Como xa sabes, o vindeiro venres imos ter un acto conxunto cos outros centros da localidade para loitar  en contra do cambio climático e e así concienzarnos da importancia que ten para nós. Esta crise do clima é un dos maiores retos que temos que defender, para buscar solucións a este enorme problema. Entre todos é posible.

A idea partiu desta nena, Greta Thunberg, unha nena sueca que faltou a escola para sentarse diante do Parlamento con este cartel  que di: Folga escolar polo clima!








O primeiro que imos facer é aprender a canción  " No matéis mi planeta, por favor" para cantala todos xuntos .

No hay comentarios:

Publicar un comentario