viernes, 17 de febrero de 2017

Semana do amor e amizade

Esta semana celebramos  algo moi especial: A semana do cariño e a amizade.







Comezamos lendo e debatendo sobre este pequeno poema:

PENSAMENTO SOBRE A AMIZADE

Que fermoso é ter un corazón
con capacidade para amar e perdoar,
para axudar e comprender,
para medrar e confiar.

Tamén participamos na actividade proposta polo Equipo de biblioteca:  "Escribe unha postal para o teu afillado ou padriño de lectura". Recollemos a postal na biblio e comezamos. 


Xa que estamos de viaxe pola China, pareceunos moi apropiado por na nosa postal o animal máis amoroso do país, un osiño panda, que ben seguro lles vai gustar aos nosos afillados de catro anos. 



Foi unha semana repleta de reflexións, historias, bos sentimentos e cariño. Comprometémonos cos compañeiros a ter paciencia, a ser tolerantes, a respectarnos...todos os días do ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario