miércoles, 25 de septiembre de 2013

DE QUE COR SON AS CENORIAS


As cenorias xa eran utilizadas polos homes de Afganistán  3.000 anos A.C. Aquelas cenorias eran de cor púrpura por fóra e amarellas por dentro.


Os comerciantes árabes levaron a semente por Ásia, África, Arabia e xurdiron diferentes variedades con distintos tons de púrpura, amarelo, branco, verde e incluso negro.
No século XVI, os holandeses eran os principais productores europeos de cenorias, e mediante cruces e experimentos lograron a cor laranxa  facéndoa  coincidir coa cor da casa real holandesa.


Na actualidade está de moda cultivar cenorias de cores. Xa están no mercado cenorias brancas, amarelas, vermellas escuras, púrpura, para facer as ensaladas máis divertidas.
Cal é a túa preferida?


No hay comentarios:

Publicar un comentario